mariño

Azul moi escuro, coma o do uniforme dos mariños.

Etimoloxía

Vén do adxectivo latino marinus, -a, -um 'do mar'.

Exemplos *

"… o seu paraugas foise tornando azul, primeiro azul mariño, azul despois coma os ollos dela, despois o azul do ceo que xa se toca coas mans." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

"… sombreiro de pano negro, un abrigo de espigas cor crema e fondo cisento que me cubría por debaixo dos xeonllos, asomando entre os colares do abrigo un xersei azul mariño en pico, unha camisa branca e mais unha gravata amarela con estampados de caxemira acastañados." (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.