mariola

Xogo infantil que consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé o peletre, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan.

Etimoloxía

Apúntase como posibilidade que proveña do nome propio María.

Exemplos *

"Ben lle puideron vi-las ganas de baila-la muiñeira, digo eu, ou de xogar á mariola, que sería máis doada de comparacer e de menos embarazosas consecuencias." (J. Daniel Buján Núñez: A pirata Penamoura)

"… xogos da nosa nenez, nos que adoitabamos participar a maioría dos alumnos (por unha banda) e da alumnas (pola outra), pois se algo estaba ben claro era que había uns exclusivamente para os homes (poñamos por caso o peón) e outros para mulleres (a mariola)." (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe 2007-03-24)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.