marioneta

Boneco co que se representan escenas de teatro, en especial o que é articulado e se move por medio duns fíos

Etimoloxía

Voz que procede do francés marionnette, de significado semellante, que se formou a partir do nome Marion (diminutivo de Marie), boneca.

Exemplos *

“Latinistas e historiadores trataban, nos anos de auxe romantista, de desentrañar os misterios do personaxe de Pulcinella. Este, coñecido arquetipo da Commedia dell'Arte, tivo tamén o seu duplicado en forma de marioneta. Nado presumiblemente na vila napolitana de Acerra a finais do século XVI, o personaxe acadaría tal popularidade que se estendeu por toda Europa, adoptando nomes e trazos peculiares en cada lugar.” (Comba Campoy: Luzes, nº29, 10-2014)

“Se a isto unimos a ritualización e simbolismo, a morosidade, o travestismo, o actor no rol de espectador, os cambios de traxe en escena e a incorporación de axudantes a modo de manipuladores de marionetas, xa non queda ningunha dúbida do influxo do teatro oriental.” (Euloxio R. Ruibal: Galicia Internacional, nº 55, 3-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.