mariscada

Comida constituída fundamentalmente por marisco

Etimoloxía

Voz derivada sobre estoutra “marisco” que, á súa vez, toma como base “mar” do latín mare de significado semellante.

Exemplos *

“Eran os coñecidos como "señores do fume": millonarios, ostentosos, prepotentes, caciques e con conexións a todos os niveis. Entraban nos casinos das Rías Baixas estreitando mans, regaban as mariscadas cos mellores albariños e conducían coches que só se vían pola tele.” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)

“Para o prato do día valeralle calquera dos moitos que hai pola avenida de Miramar −indicouma cun xesto, estaba case nela−, pero se quere estirarse cunha boa mariscada, élle outro cantar.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.