mariscadora, -or

Persoa que ten por oficio coller marisco

Etimoloxía

Termo que se forma sobre o verbo “mariscar” que, á súa vez, se crea sobre “marisco” derivado sobre “mar” do latín mare.

Exemplos *

“Hai que ter alma de mariscadora para soportar este oficio e querelo", salienta Teresa. Aínda que no marisqueo non hai diferenza de sexos, o certo é que as mulleres representan o sustento das praias e levan o protagonismo do marisqueo a pé, mentres os homes quedan co marisqueo á boia.” (Elisa Lois: Luzes, 5-2014)

“Do intercambio de información e opinións con outras mariscadoras do resto do país, as mulleres da praia do Vicedo toman conciencia de que non teñen que seguir aturando a discriminación.” (Ana Romaní e Begoña Caamaño: Tempos Novos, 9-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.