mariscar

Capturar ou coller marisco nas praias ou moi cerca da costa

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre “marisco” e este vén de “mar” que deriva do latín mare de significado análogo.

Exemplos *

“Falando do futuro, Teresa transpórtase aos tempos da súa nenez e recorda cando baixaba mariscar co seu pai á mesma praia onde hoxe traballa, só que entón eran centos as persoas que baixaban ao areal para coller algún molusco para comer.” (Elisa Lois: Luzes, 5-2014)

“Cando era tempo de mareas vivas, baixaba á praia a mariscar e cada amencer, os seus lazos, esparexidos polos tobos do monte nos arredores de Nebra, permitíanlle atrapar algún coello ou lebre para non morrer de fame.” (Francisco A. Vidal: A derradeira decisión, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.