Calquera dos moluscos de cuncha ou crustáceos mariños comestibles.
Etimoloxía
Formouse a partir de mar. En principio era un adxectivo ('do mar') e logo pasou a designar os animais mariños invertebrados.
Exemplos *
"Mentres en tódalas casas daban conta do cocido ou do marisco que traería algún que traballase na vila, nós xantabamos como podiamos." (Xesús Fraga: Tute para catro)
"… produtos como o marisco ou os doces aguantan a crise e espérase que a partir desta mesma semana aumenten os seus prezos espectacularmente …" (A Nosa Terra 2010-11-30)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.