marisma

Terreo baixo que queda inundado cando sobe a marea e está sempre encharcado e cheo de lama

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe na expresión latina maritima [ora] que se debía entender como ‘beira do mar’.

Exemplos *

“Logo das xunqueiras e da marisma, a ponte do Pedrido peiteou amodo unha leve areixa. Varias gaivotas pasaron voando moi baixas, camiño do areal de Gandarío.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Os días de festa baixaban xuntas ao baile, a un lugar que chaman Donaire, onde acudía toda a mocidade da bisbarra. Para chegaren alí, tiñan que pasar unhas terras de marisma, con moito lamazal, e que se coñecía por Fronteira.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.