marmelada

Doce feito con froita cocida con azucre ou mel, de consistencia pastosa.

Etimoloxía

Deriva de marmelo, e esta, aínda que nos chegou desde o latín, remite ao grego melimelon, –ou, 'mazá moi doce', que se confundiu co nome do doce de marmelo, melomeli.

Exemplos *

"Sen que eu pedise nada serviume un café curto e un zume de bagas, acompañados dunhas rebandas de pan integral con marmelada e margarina." (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?)

"Fun mercar un frasco de marmelada de laranxa e resultou ser unha trapallada: moito azucre, pouca laranza e unha consistencia que semellaba máis de xarope que de marmelada." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.