marmeleiro

Árbore da familia das rosáceas orixinaria de Asia Menor, de ata catro ou cinco metros de altura, tronco moi ramificado, follas ovadas e flores grandes e solitarias de cor abrancazada, que ten como froito o marmelo

Etimoloxía

Vocábulo formado a partir de "marmelo" que vén do latín melimelum “mazá moi doce” e o sufixo -eiro.

Exemplos *

“O marmeleiro é unha árbore froiteira mediana de altura pero grande valía, acada uns 4 ou 6 metros, non máis” (María Xosé Castro e Gemma Pérez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2010)

“Percorremos a horta ata internarnos nos marmeleiros que había ó fondo. O conde esquecera ás rapazas, que vagaban ó seu antollo entre as piaras.” (Antonio Rodríguez López: As reliquias, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.