Froito do marmeleiro, amarelo, voluminoso, de polpa áspera e recendente, moi empregado en confeitaría para a elaboración de doces ou marmelada.
Etimoloxía
Tomouse dunha forma do latín vulgar melimelum ‘mazá moi doce’, voz de orixe grega formada a partir de meli ‘mel’ e melon ‘mazá’.
Exemplos *
“O marmelo tómase sempre cociñado, nunca fresco, xa que ten un sabor moi amargo e tacto áspero ao padal.” (María Xosé Castro e Gemma Pérez: Cerna 03-2010)
“… roupa dos fidalgos, variada, ben confeccionada, nova, ben limpiña e mesmo perfumada coas mazás reinetas e os marmelos que se tiñan nos armarios.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.