mármore

Rocha calcaria metamórfica, dura e compacta, mesturada frecuentemente con outros minerais que lle dan cores diversas, ás veces formando vetas, e que se pode puír finisimamente

Etimoloxía

Termo que vén do latín marmore con significado semellante.

Exemplos *

“Estaba de costas á cuberta, inmóbil coma unha estatua de mármore cunha estudada pose maxestosa: corpo recto, brazos cruzados e cabeza ergueita coa mirada perdida no horizonte cara á bocana do porto.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Na igrexa de San Paio de Antealtares, en Compostela, existe unha ara de mármore branco na que, segundo a lenda informa, os discípulos Atanasio e Teodoro deitaron sobre o sartego que contiña o corpo do apóstolo Santiago.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.