Estado de axitación violenta do mar, formando grandes ondas
Etimoloxía
Lexicalización do topónimo Marola que se formou a partir dunha raíz preindoeuropea *mor cos significados ‘pedra’ ou ‘monte.
Exemplos *
“A enfermeira sentou nos pés da cama, coa naturalidade dunha irmá, dunha filla. Conversou das vilas da Mariña. Da forza do mar, de como peta e brúa a marola, segundo lle contaba o avó, que fora mariñeiro.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)
“O espectáculo do mar bravo a bater na Marola levou a que o topónimo se lexicalizara: hoxe o Dicionario da Real Academia Galega inclúe o substantivo marola.” (AA.VV.: “Detrás do nome” na páxina web: Toponimia de Galicia, visto 28-5-2026)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


