marrán, -á

Mamífero doméstico da familia dos súidos, omnívoro, de corpo groso, pel dura e cuberta de sedas fortes, fociño longo e móbil, orellas caídas e patas e rabo curtos

Etimoloxía

Denominación que aparece no árabe hispánico muarrám, que, á súa vez, bebe no árabe clásico muarram ‘o prohibido'. Nome científico sus scrofa domestica.

Exemplos *

“O marrán, preso do medo, saíu disparado pola corredoira con meu tío montado nas costas, e acabou guindando ao xinete nunha poza e salvando a súa vida despois de desaparecer na espesura da fraga.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Os Mouros son xentes soterrañas, que cando chove non se mollan e pasan as horas contando as moedas de ouro e as pérolas dos seus tesouros. Só saen para ir ás feiras mercar os marráns, que nunca pagan con ouro.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.