marrón

Que ten a cor entre o vermello ou o amarelo e o negro, como a castaña, o chocolate etc.

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe na francesa marron 'castaña comestible', 'de cor castaña'.

Exemplos *

“Cando o outono chegou e as follas comezaron a tinxir de marrón o solo, fixo o mesmo con elas.” (Antía Yañez: Senlleiras, 2018)

“Senta na butaca e contempla as raiolas de sol que entran diagonalmente e debuxan franxas douradas sobre o edredón. Mira as súas mans fracas, tinguidas de manchas marróns, as propias dun home dos seus anos. Dentro duns días fará noventa. Nada menos!” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.