martelo

Un dos ósos diminutos do oído medio.

Etimoloxía

A partir do nome que tiña en latín, marcus, -i, orixinouse o diminutivo martellus, de onde vén a nosa palabra.

Exemplos *

"… esta muller esperta axiña no oído medio o martelo, o estribo, o home no oído; polo que respecta ao oído interno a forma de caracol revela xa a súa bisexualidade"." (Xosé Luís Martínez Pereiro: A verdade como mal menor)

"Caixa timpánica: que contén uns ósos (martelo, bigornia e estribo), o primeiro en contacto co tímpano e o terceiro coa fiestra oval …" (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.