martes

Día da semana que segue ao luns e que precede ao mércores.

Etimoloxía

En latín denominábase dies Martis ‘día de Marte’, xa que se consagraba a este deus.

Exemplos *

“… cando abriu o bote con café, ese que sempre o espertaba, ese que lle facía sentir que mesmo nas mañás dos martes hai algo que paga a pena, pois cando abriu o bote de café, nada.” (Inma López Silva: Concubinas)

“Xa sabes que eu compro os martes na feira e non nas tendas de moda, así que non me fan falta regalos que veñan desa xente.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.