marusía

Mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación / Cheiro característico das algas ou do mar

Etimoloxía

Termo que deriva da palabra “mar” que vén do latín mare de significante semellante.

Exemplos *

“A muller non estaba demasiado lonxe da illa, pero de noite é difícil atinar cunha parte que non sexa cantil e ademais hoxe a marusía é forte, así que pensei que non podía deixala morrer alí. (...) A muller víase moi pequena e moi perdida no medio do mar.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“E velaí que a brisa noitega, o biruxiño de terra que aínda está a soprar agora, trae un forte arrecendo a piñeiral mollado que manda nesta hora sobre a marusía que sobe da beiramar, presente con máis forza no correr do día.” (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.