masaxe

Operación que consiste en fregar coas mans ou coa axuda de aparellos especiais algunha parte do corpo, con fins terapéuticos ou simplemente para relaxar os músculos

Etimoloxía

Préstamo do francés massage, utilizado co mesmo significado.

Exemplos *

“Pero intuía unha felicidade imprecisa, futura, que se lle anunciaba xa mentres as mans do perruqueiro lle lavaban o pelo. Gustáballe que lle andasen na cabeza, que lle desen masaxes, sobre todo na caluga.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“Deume unha longa masaxe falándome dun cliente “guapísimo” que lle facía as beiras desde había unhas semanas” (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí