Obxecto que representa unha cara, que utilizan as persoas para cubriren o rostro e personaxe que leva unha destas máscaras
Etimoloxía
Palabra que procedente do italiano maschera, de orixe discutida
Exemplos *
“Alí estaban os paseos xunto ao río co seu home, as máscaras de entroido e as bromas que lles gastaba a amigos e familiares, as moitas noivas dos seus fillos, as riquísimas troitas do Asma que fritía ela mesma con lisco de xamón e pimentón ou simplemente cun chisco de sal, os longos seráns de verán comendo froita.” (Carme Blanco: Vermella con lobos, 2004)
“Temos en Galicia máscaras de raigaña moi antiga, a carón doutras recentes e mesmo con data de escomenzo coñecida.” (Xosé Filgueira Valverde: Adral 6, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.