Medios de comunicación de masas, como a prensa, a radio, a televisión, a publicidade etc.
Etimoloxía
Neoloxismo chegado directamente do inglés mass media ‘medios de masa’.
Exemplos *
“Ós mass media da época só se lles permitía ser mornamente críticos cos toureiros, cos futbolistas e cos concelleiros de pouca monta.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)
“Os mass media tenden a impoñer símbolos e mitos de fácil universalidade, creando "tipos" recoñecíbeis de inmediato.” (Fidel Vidal: Arte na esquizofrenia e outros excesos, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.