mastín

Can de garda ou de caza, de gran tamaño, robusto, de pescozo groso e curto, cabeza redonda, orellas pequenas e caídas e pelo longo

Etimoloxía

Préstamo do francés antigo mastín que procedería do latín mansuetus 'domesticado’.

Exemplos *

“(...) antes de que Marcela puidese rematar a frase, dous feroces mastíns abalanzáronse sobre a porta, ladrando e amosando os dentes ameazadoramente.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

“(...) botamos a andar cara ó sitio onde se atopaba o seu numeroso rabaño, perfectamente controlado por tres cans: un gran mastín, protector contra o lobo, e dous cativos e lixeiros cadeliños (...)” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.