mata

Operación de matar o porco

Etimoloxía

Vocábulo produto da redución destoutra palabra “matar” que procede do latín mactare ‘inmolar’ ou ‘sacrificar’.

Exemplos *

“O día do santo de Tours é o tempo da mata do porco, que, seguindo os traballos do ciclo do ano cadra despois de recoller as uvas.” (Fausto Galdo: Abecedario das matenzas, 2012)

“Os meus alumnos do Instituto de Lamas de Abade, que son estudantes moi normaliños, ignoran o significado de fel, aínda que moran en Marrozos, onde se practica anatomía durante a mata do porco.” (Bieito Iglesias: Tempos Novos, 10, 2009)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.