matalote

Persoa que realiza a parte máis dura dun traballo.

Etimoloxía

Parece ser que se tomou do francés matelot 'camarada mariñeiro', que á súa vez procedería do neerlandés mattennoot 'compañeiro de cama nun camarote'.

Exemplos *

"Pola miña parte continuaba cos meus berros, agora dando ordes claras e certas sen ser atendido por aqueles matalotes." (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello)

"Aínda bo era que non lle quixera contar quen era nin como se chamaba nin nada, só lle dixera que ligara cun tipo cachas, un matalote pero que estaba moi ben…" (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.