Especialista en matemáticas
Etimoloxía
Palabra que nos chega do latín mathematicus 'matemático, astrólogo' desde o grego mathēmatikós que é un derivado sobre máthema ‘coñecemento’.
Exemplos *
“Hipatia de Alexandría, matemática no século IV d.C., foi lapidada e as súas obras queimadas. Ela representa todas esas mulleres que foron ignoradas e marxinadas pola historia da ciencia.” (Belén Puñal: Tempos Novos, 4-2006)
“Wonenburger traballou durante tres anos como investigadora no CSIC, pero regresou a América en 1960. (...) A matemática obtivo logo unha praza, dende 1967, na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata 1983, cando pola enfermidade da súa nai regresou á Coruña. O seu impresionante currículo pasou sempre inadvertido.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.