Ciencia que se ocupa das propiedades dos números, das figuras xeométricas etc., das dúas relacións e da súa aplicación a outras ciencias e no que se engloban a aritmética, a xeometría, a álxebra, a trigonometría etc.
Etimoloxía
Chegounos a través do latín, pero a orixe está no grego mathematikós 'estudoso', derivado de mathema 'ciencia, coñecemento'.
Exemplos *
"Nas matemáticas, para asombro do vinculeiro, aprendeu deseguida os principios da subtracción, e era capaz de facer restas longas e bastante complicadas …" (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
"Primeiro non quería ir, pero despois de suspende-lo exame de matemáticas a semana pasada buscáronlle unha pasantía." (Úrsula Heinze: Remuíños en coiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.