materia

Rama do saber que é obxecto de estudo escolar

Etimoloxía

Substantivo que procede do latino materia ‘asunto’, ‘tema’ ou ‘tese’.

Exemplos *

“Os mestres deberían ensinar como acadar a súa amizade e sinalar o natural uso dos sentidos e dos praceres por poñer no seu sitio tanta moda e tanto modelo escravizante. Deberíase estabelecer unha materia do tipo Educación para avinza co corpo ou algo do xeito.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Aquela volta á universidade, para min supuña solucionar moitas materias en poucos meses e, ademais, eu tiña moi pouca base dos primeiros anos de carreira.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.