Monumento funerario suntuoso.
Etimoloxía
Tomámolo do latín mausoleum, que procede do grego mausoleion 'túmulo de Mausolo', que era o rei de Caria, para quen a viúva encargou un sepulcro tan grandioso que era unha das sete marabillas da antigüidade.
Exemplos *
"… pensaba que impresionaba á actriz con aqueles suicidios, así que seguiu, quizais porque aínda imaxinaba que despois de morto podían facerlle un mausoleo en Francia …" (Inma López Silva: Contos da Baiuca)
"Os nichos en serie, as pequenas obras de arte dos de máis diñeiro, as lápidas no chan, con antigas inscricións, algún mausoleo faraónico …" (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.