Exercicio e profesión de mestre.
Etimoloxía
Procede do latín magisterium, -ii 'oficio de mestre' ou 'xefatura'.
Exemplos *
"… era ben coñecido tanto polo seu prestixioso maxisterio como polo seu esnobismo, era home miúdo, de lentes redondas, sempre penduradas do nariz afiado …" (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas)
"Estes tres artigos compoñen o capítulo dedicado á demografía, con prestixio na historia moderna galega debido ó maxisterio do profesor A. Eiras Roel e dos seus discípulos …" (Miguel Anxo Seixas: O Correo Galego 03-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.