mazá

Froito da maceira comestible de carne branca e pel fina de cor verde amarela ou vermella segundo as variedades.

Etimoloxía

Procede dunha redución da expresión latina (mala) mattiana, denominación dun tipo de mazá que, segundo se conta, foi tomada en memoria de Caius Matius, tratadista de agricultura.

Exemplos *

“Lucrecia Vargas achegouse a el e deulle un beixo quente na boca que lle soubo a compota de mazá.” (Antón Riveiro Coello: Homónima)

“Cunqueiro acreditaba nunhas receitas de tetrau urogallus asado en compota de mazás.” (Xavier Castro: Galicia Hoxe 04-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.