mazadeira

Utensilio de madeira que se utiliza para mazar o liño

Etimoloxía

Termo que deriva do verbo “mazar” que se forma sobre “maza” que vén do latín vulgar *matteam de significado semellante.

Exemplos *

“As mazadeiras activan arreo os feixes de liño -que nalgunhas partes reciben o nome de portegadas-, coas mazas, batendo as partes leñosas, poñendo os talos sobre os mazadeiros ou mazadoiras, que son mesas de pedra emprazadas ó carón das portas das casas.” (Xosé Manuel Gil de Bernabé e López: O liño,1992)

“Maruxa mallaba no liño cando viu subir ao mozo guicho polas rodeiras con aqueles trebellos de festa e un relampo de prata nos ollos. Deixou axiña a mazadeira de freixo e secou a suor das maos no mandil para compor o cabelo.” (Antón Riveiro Coello: Antoloxía de relatos feita polo autor para o Centro de Documentación da AELG, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.