Doce preparado a base de azucre e améndoa moi moída, que se fai moitas veces en forma de figuriñas.
Etimoloxía
Discútese sobre a súa orixe, obxecto de diferentes propostas.
Exemplos *
"… cantando panxoliñas naqueles Nadais de friaxe, calor familiar e sabor a mazapán, nos que a miña nai nos levaba polas igrexas da cidade para que vísemo-los Nacementos." (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo)
"Xa chegou a Serpe de Mazapán de don Arcadio,aí está xa o Nadal e, coma sempre, non lle mandamos aínda a felicitación." (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.