mazarico

Ave da orde dos caradriformes, de peteiro longo, delgado e curvado na punta cara a baixo, patas longas, que vive na beiramar e en xeral en lugares húmidos e se alimenta principalmente de miñocas, moluscos e insectos, da que existen varias especies

Etimoloxía

Vocábulo de orixe incerta, onde os especialistas non chegan a acordo.

Exemplos *

“Tras dunha mañá de friaxe de neve callada na que as orellas se tinguían de vermello e soamente se atopaban a gusto os mazaricos e lavandeiras, fixemos a parada de mediodía para almorzar.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Os limnícolos observables son basicamente os mesmos ca no fondo da ría, pero especialmente a píllara real, o pirlo corlibico, o bilurico bailón e o mazarico galego.” (Óscar Pazos: Xeografía física do litoral, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.