Personaxe do Entroido, propio das terras de Manzaneda, de traxe colorido e vistoso pucho, cuxo cometido é bailar ao son do folión
Etimoloxía
Voz propia do Entroido de Manzaneda de incorporación ao Dicionario recente, relacionado coa voz “máscara” que procede do italiano maschera, que bebe do árabe masẖarah 'obxecto de risa'.
Exemplos *
“Estes grupos de mázcaras estabelecen un percorrido dunhas parroquias a outras, bailando ao ritmo dos bombos, axadas, gadañas e cornas.” (Tamara Martínez Pastoriza: Sermos Galiza, 8-2-2018)
“O feito diferencial do entroido de Manzaneda, “fulión”, está no ritual das mázcaras e as súas danzas xiratorias.” (X. M. Fernández: Galicia Confidencial, 2-3-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


