mazurca

Danza popular polonesa de ritmo ternario e non moi rápido, que se baila ao compás de tres por catro ou de tres por oito e ten un acento característico no segundo tempo

Etimoloxía

Adaptación do termo polaco mazurek ‘danza da Masuria’.

Exemplos *

“A Coruña da miña infancia era para min máis bonita do que é hoxe, máis íntima, máis pequena, e sen tanto paseo marítimo, máis unida ao mar. Como dicía o meu avó, semellaba unha mociña esvelta, á que se lle podía cinguir polo van para bailar con ela unha mazurca salgada.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 10-4-110-4-2009)

“Daquela que era novo e libre, bailaba coma un argadelo aqueles pasodobres, as polcas e as mazurcas nas festas da comarca.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.