mecanógrafo, -a

Persoa que se dedica a escribir á máquina

Etimoloxía

Palabra que se forma coas partículas de orixe grega mecan(o)- ‘máquina’ e estoutra -grafo que remite a -gráphein ‘escribir’.

Exemplos *

“O vento perdeu as follas /d’o seu cartafol / -esas que os chuvascos / mecanógrafos / tecolean n-o manual d’os mastros?” (Manuel Antonio: “O cartafol d’o vento” en De catro a catro, 1928)

“Nos anos posteriores Libardino viu crecer de maneira desmedida a Emilio mentres el lograba ascender no escalafón cada catro ou cinco anos: servicio de limpeza, ordenanza, mecanógrafo, taquígrafo e, finalmente, auxiliar administrativo encargado de asuntos relativos á dirección.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.