meco

Boneco que se queima ao acabar o Entroido

Etimoloxía

De orixe controvertida, proponse como posible orixe no termo latino moechus ‘home licencioso’.

Exemplos *

“O Entroido rematará coa queima do meco na praza do Obradoiro e a posterior entrega dos premios ós mellores disfraces e carrozas.” (Ana Iglesias: O Correo Galego, 23-2-1995)

“Están amosando e expresando en moitos lugares a nosa forma de ser e de sentir neste tempo que tamén acaba dándolle morte á festa, a algún personaxe ou meco que simboliza a fin do Entroido, a vitoria de dona Coresma na batalla con don Carnal.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 2-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.