meco

Palabra, xesto, caricia etc., ditos ou feitos con moita tenrura

Etimoloxía

A orixe desta palabra é incerta.

Exemplos *

“A bela nai de mamá segue sendo fermosa. Neste novo verán de Almáciga, voluntario e silandeiro, seguirei bebendo do pozo da súa sabedoría. Con mecos e gabanzas, obrígoa a pousar para min e consigo unha espléndida colección de retratos.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“As mulleres expresaron a mágoa que sentían e quedaron a facerlle compaña uns momentos, dándolle mecos coma se fose un neno.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.