meda

Morea de herba seca ou de palla que se fai na eira para ter alimento para o gando no inverno

Etimoloxía

Palabra que garda relación coa latina meda que significaba ‘columna cónica’.

Exemplos *

“Hai que escoitar a satisfacción e a fachenda coa que fala quen fixo unha meda, palleiro, ou segou.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

“A rapazada subiu ás medas, chimpando mollos abaixo; un vellote cortáballes os vencellos, (...); os homes que presumían de forzudos carretaban palla e fardicas de grao, e os que fachendeaban de peritos compuñan palleiros moi feitos.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.