medalla

Placa de metal, cun pequeno aro ou un prendedor para enganchala, e unha figura ou unha inscrición gravadas, que se utiliza como símbolo relixioso, como adorno ou que se lle concede a alguén para honralo por algún mérito

Etimoloxía

Termo tomado do italiano medaglia, este é tomado do latín vulgar medalia, 'moeda de cobre equivalente á metade dun denario'.

Exemplos *

“Ana Peleteiro é consciente de que podería ter que superar o seu salto no recente Europeo ao aire libre [...] para loitar polas medallas.” (Redacción: Nós Diario, 19-6-2024)

“O triatleta galego, cinco veces campión do mundo, non loitará este ano por revalidar o seu título para centrar a súa preparación en Río'2016 onde tentará acadar a súa primeira medalla de ouro olímpica.” (AA.VV.: Galicia Confidencial, 20-4-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.