medeiro

Grupo de monllos de centeo, trigo etc., colocados de pé uns contra os outros, que se fai na leira despois de segar

Etimoloxía

Voz derivada por sufixación sobre estoutra “meda” que vén da latina meta(m) ‘cono’.

Exemplos *

“E sempre, sen saber por que, pensaba nos exipcios e nos maias. Ou si sei porque. Era polas formas do vulto das medas, polo perfil piramidal, polo desfacer o medeiro e ir erguendo ao seu carón o enorme volume do palleiro sempre cunha rara simetría e perfección, todo sen plano ningún.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“As presas cortadas vanse amoreando até formar un feixe ou mollos que se ata cunha correa feita da mesma palla, ao rematar a sega dunha leira póñense os mollos nun medeiro, que se forma colocando estes uns enriba dos outros en sentido vertical ata formar unha figura cónica.” (Xosé Luís Ripalda: A cultura do pan, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.