medianoite

Hora duodécima despois de mediodía, que marca a transición dun día a outro

Etimoloxía

Palabra formada por “media” que procede do latín mediu ‘no centro’ e o nome “noite” que chega do equivalente latino nox co mesmo significado.

Exemplos *

“Arredor da medianoite, a madriña mandábame subir ao cuarto. Os maiores quedaban no salón. Había música e algúns bailaban.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Tomar as augas, 2014)

“Eu non espero a ninguén , e menos tan tarde. Que hora é xa ?

-Case medianoite.

Mariña ergueuse do sofá no que nos instalaramos para cear e foi até a porta.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí