mediar

Intervir entre dúas ou máis persoas para que algo se solucione.

Etimoloxía

Vén do latín mediare 'partir en dous' e tamén 'estar no medio'.

Exemplos *

"… o mesmo crego se encargará de mediar entre nós e o Hospital para que, coa devolución do diñeiro, recuperemos a nosa liberdade." (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia)

"El sospeita que o seu tío Philip, que traballou moi duro para chegar a ser un grande avogado, perdeu as súas raíces, mentres que a tía Vivian trata de mediar entre os dous." (O Correo Galego 2001-10-15)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.