Persoa que rematou a carreira de medicina e obtivo o título correspondente
Etimoloxía
Palabra culta que bebe de latina medicus de significado semellante.
Exemplos *
“Sei que vou morrer. Non digas parvadas, o Hipócrates ese está trabucado, tiña que verte a doutora González, a médica de Ébora, trátase só de episodios epilépticos, estou seguro.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
“Unha pioneira feminista viguesa [Olimpia Valencia] que abriu os camiños e que xa na súa conferencia do 75 aventurou que serían as novas xeracións de médicas as que «rematarían a súa andadura con ecos de gloria».” (Manuel Bragado: Faro de Vigo, 16-7-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.