medicamento

Substancia preparada para tratar de curar unha doenza ou enfermidade

Etimoloxía

Palabra que procede do latín medicamentum, -i, ‘remedio’.

Exemplos *

“En canto Maia poida ir buscar máis abellas, prepároche outro medicamento; non creas que é doado quitarlles o veleno.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Volvéralle a dor, agora en plenitude, e nin a inxesta do medicamento fixera nada por el desta volta.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.