medievo

Idade Media

Etimoloxía

Vocábulo froito da combinación dos equivalentes latinos medium ‘medio’ e aevum ‘idade’

Exemplos *

“(...) apostaron fortemente pola modernización e pola industrialización dun país que aínda seguía a vivir no medievo.” (Fernando Garea: O Correo Galego, 12-11-2000)

“Estas construcións, xa documentadas desde o medievo, cóntanse a centos en toda a xeografía do ámbito da antiga Galaecia (...)” (Xerardo Dasairas: A Nosa Terra, 10-07-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.