medio ambiente

Conxunto de condicións biolóxicas, físicas e químicas nas que pode vivir un organismo.

Etimoloxía

Frase produto do encontro de “medio”, do latín mediu ‘que está no medio, no centro’ máis “ambiente”, da palabra latina ambientis ‘andar ao redor’.

Exemplos *

“Onde hai unha natureza mellor conservada teremos un medio ambiente máis san.” (Santiago Castroviejo: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, 2006)

“Un dos contidos fundamentais desta Lei é a protección do medio ambiente, fomentando o uso das fontes renovábeis e de alta eficiencia enerxética.” (Fernando Blanco Silva: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.