meditación

Acción e efecto de meditar

Etimoloxía

Palabra derivada da latina meditatio ‘acción de meditar’.

Exemplos *

“Ademais da meditación diaria, o domingo primeiro de cada mes faciamos un retiro espiritual que, entre outras cousas, nos obrigaba a gardar silencio toda a mañá.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios, 1992)

“Era unha especie de comunicación cos espíritos, só que a través do aparato, e que o espírito era o meu. Agora si que puña atención. Nin chi kung nin tai chi, nin introspección nin meditación: televisión!” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Ruído Branco, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí