medo

Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo

Etimoloxía

Vocábulo que procede do equivalente latino metu.

Exemplos *

“Só eu sei que na nosa casa hai fantasmas. Nin mamá, nin papá, nin Xavier, nin Beba. Eles van e veñen coa se este fose un piso normal. Pero no corredor están as tundas e dáme moito medo pasar de noite por alí.” (Agustín Fernández Paz: Fantasmas no corredor, 2005)

“Tes medo ao vento que a túa alma embrulla,/ agora que a segura man o leme/ ceibou, e paira a barca sen goberno.” (Ricardo Carballo Calero: Salterio de Fingoy, 1961)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.