medrar

Facerse máis grande

Etimoloxía

Verbo que nos remite ao latín meliorare ‘mellorar’.

Exemplos *

“Estamos agardando que o sol quente as nosas cabezas, que medren os días e Galiza comece a sentir esa mutación pausada que nos levará coma cada verán a ese estoupido de festas, verbenas, concertos, festivais que tanto abundan neste cacho da península.” (Xosé Bocixa: Tempos Novos, 23, 5-2006)

“Plantas delicadas máis tamén hortalizas ou outro tipo de vexetais poden xerminar, medrar, florecer e dar froito sen necesidade de coidar a horta. Non hai máis que orientar ben a lámpada para que lles dea ben o sol que irradia o aparto.” (Diana Mandiá: GCiencia. O Portal da ciencia galega, 86, 12-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.